Bolsa propias do Máster de Turismo Urbano

Ata o 5 de decembro de 2018, o novo alumnado do Máster de Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas poderá solicitar unha das cinco bolsas propias de axuda á  matrícula financiadas  pola  Axencia de Turismo de Galicia.

Trátanse de bolsas de 600€ cada unha.

DESTINATARIOS

Novo alumnado do Máster de Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas matriculado no ano académico 2018/19.

PRAZO

Ata o 5 de decembro de 2018.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Rexistros xerais da USC (Pazo de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n, 15782 Santiago de Compostela, ou ben nos Servizos Administrativos no Edificio da Biblioteca Intercentros de Lugo, en horario de 9:00 a 14:00.

REQUISITOS

A continuación o enlace para ver os requisitos.

 

Bolsas do Instituto de Turismo de España para prácticas profesionais

Bolsas do Instituto de Turismo de España

para prácticas profesionais

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo aprobou as bases reguladoras do programa de bolsas do Instituto de Turismo de España que se publicaron no Boletín Oficial do Estado o 23 de agosto de 2018.

DESCRICIÓN DAS BOLSAS

O programa consistirá en actividades ou prácticas formativas nas Consellerías de Turismo no extranxeiro e, cando así se estableza na convocatoria, en prácticas no servizos centrais do Instituto de Turismo de España e na Secretaría de Estado de Turismo, sen que en ningún caso se poida exercer polos becarios funcións propias do persoal funcionario ou laboral.

DESTINATARIOS
Titulados universitarios de Grao, Licenciatura, Máster, Arquitectura, Enxeñería, Técnico ou Diplomatura en en Empresas e Actividades Turísticas, Diplomados en Ciencias Económicas, Empresariais, Socioloxía, Xestión e Administración Púpara á obtención do correspondente título nun periodo de tempo comprendido entre os seis anos anteriores á convocatoria das bolsas antes finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os solicitantes extranxeiros terán que presentar as titulacións equivalentes esixidas aos españois.

Ademáis os destinatarios terán que cumprir todos o os puntos do Artigo 3 das bases do programa.
PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes oscilará entre quince días e un mes a partir do día seguinte á data de publicación no Boletín Oficial do Estado da correspondente resolución da convocatoria. Este prazo fixarase en cada convocatoria.

Máis información sobre o programa:

https://www.boe.es/boe/dias/2018/08/23/pdfs/BOE-A-2018-11809.pdf

Bolsas de colaboración en departamentos universitarios 2018/19

Bolsas de colaboración en departamentos universitarios 2018/19

Convocatoria de Bolsas de colaboración de estudantes en departamentos universitarios para o vindeiro curso académico 2018/2019.

DESTINATARIOS

Estas bolsas están dirixidas a alumnado do último curso de estudos de grao e de primeiro curso de Máster universitario oficial.

PRAZO

Ata o 18 de setembro inclusive.

OBRIGADOS DOS BOLSEIROS

  • Acreditar o cumprimento dos requisitos e condicións para a concesión desta axuda.
  • Someterse ás actuacións de comprobación precisas de ser o caso.
    Seguir, durante 2018/2019, por ensino oficial, os estudos dos que se atopen matriculados/as.
  • Presentar un proxecto de colaboración desenvolvendo algunha das liñas de investigación en curso
    no departamento para o que solicita. O proxecto describirá de forma expresa as tarefas que se
    realizarán e o impacto formativo complementario que terá nalgunha das competencias asociadas
    ás materias troncais ou obrigatorias da titulación que cursa. Estará avaliado polo grupo
    investigador receptor ou o departamento onde o desenvolva.
  • Prestar a colaboración de 3 horas diarias durante oito meses dende a data de incorporación, no
  • Departamento segundo o réxime de traballo e horario previsto no proxecto de colaboración.
  • Presentar no mes seguinte ao da finalización da colaboración a certificación acreditativa do
    departamento de prestar a súa colaboración nos termos previstos na convocatoria.

DOTACIÓN DA BOLSA
A contía da axuda será de 2.000 € e sen dereito á gratuidade dos prezos públicos por servizos académicos.

Máis información:

http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/perfis/estudantes/descargas/curso1819/Resumen-informativo-bolsas-colaboracion-2018-2019.pdf

Matrícula aberta! Ano académico 2018/19

Máster oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Xa está aberta a matrícula do posgrao oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da Universidade de Santiago de Compostela.

O proceso de matriculación debe levarse a cabo a través da Secretaría Virtual da USC especificando a titulación universitaria que che dá acceso á formación dende o 01/06/2018 ata o 14/09/2018.

As prazas están limitadas a 25 alumnos/as e asígnanse por orde estrita de matrícula.

OPCIÓNS DE ACCESO

      1. Se cursaches previamente unha titulación da USC, non será preciso que achegues documentación.
      2. Se non cursaches os teus estudos na USC, debes aportar a compulsa orixinal da titulación de acceso pola universidade de orixe.
      3. Se cursaches estudos no estranxeiro, debes solicitar a equivalencia do título no Servizo de Xestión Académica.

Por último, é imprescindible ter un nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas nun dos dous idiomas oficiais: galego ou castelán (máis información)

Ver web de información da USC