Revenue Manager (para titulados recentes)

  • Empresa: Eurostars Hotel  Company
  • Departamento: Revenue
  • Localización: Diferentes localizacións

Eurostars Hotel  Company, marca que engloba as cadeas hostaleiras de xestión propia de Grupo Hotusa (Eurostars  Hotels,  Exe  Hotels e  Ikonic  Hotels) ofrece un programa de formación para todas aquelas persoas que desexen iniciar a súa carreira profesional no sector da hotelaría e cuxo obxectivo é formarse en distintos departamentos nalgúns dos hoteis da nosa compañía no territorio nacional.

Grazas ao Programa de Formación en  Revenue poderás aprender e adquirir experiencia naqueles departamentos máis relevantes para un correcto desempeño nos nosos hoteis.

Se es recentemente graduado/a en ADE, Turismo ou similar, e queres desenvolverte neste sector, formámosche un plan de carreira dentro da compañía para converterche nun futuro especialista en  Revenue  Management.

Recibirás formación en distintos hoteis da compañía a nivel nacional en Recepción (6 meses), Reservas (1 ano) e  Revenue (6 meses) co obxectivo final de incorporarte no noso equipo de  Revenue das oficinas de Galicia (Chantada).

Requisitos mínimos:

  • Grao finalizado de Turismo, ADE ou similar
  • Nivel de inglés avanzado
  • Dispoñibilidade xeográfica para cambio de residencia durante os 2 anos nos que se realiza a formación nos distintos departamentos.
  • Ofrécese:

Ofrecemos:

  • Formación en distintos departamentos e hoteis nacionais
  • Paquete retributivo (salario + aloxamento) durante o programa de 2 anos
  • Contrato indefinido na incorporación definitiva nas oficinas

Interesados/as enviar CV a: rr.hh2@grupohotusa.com

3º mellor Máster de Turismo a nivel nacional

Hoxe publicouse o ránking do xornal El Mundo onde o Máster oficial de Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas conseguiu acadar o terceiro posto na categoría de Turismo especializado.

 

Fonte: El Mundo

 

Este ránking, que se publica anualmente, clasifica e valora 50 especialidades de másteres en base a 25 criterios, froito da opinión de 800 profesores e expertos, antigos alumnos e empresas colaboradoras.

O Máster xa conseguiu estar entre os mellores Másteres na súa categoría o ano pasado situándose nun cuarto posto.

Fonte: El Mundo

 

Matrícula aberta 2019/20

Pasos para formalizar a matrícula

Dende o día 3 de xuño de 2019 ata o 3 de setembro de 2019 estará aberta a matrícula do Máster Oficial de Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas para poder optar a unha praza.

A admisión deberá facerse dende a Secretaría virtual da Universidade de Santiago de Compostela aportado a documentación requerida en función de se cursaches titulación universitaria previa na USC ou se o teu título é de outra universidade. Así mesmo, os titulados extranxeiros deberán.

Itinerario

O Máster ofrece tres vertentes no seu Plan de estudos:

  1. Profesional
  2. Investigadora
  3. Académica

Antes de matricularte, debes consultar o programa e decidir a orientación que desexas realizar así como as materias para cursar.

Bolsas

Ao tratarse dun máster oficial, o alumnado pode optar á bolsa do Ministerio de Educación. Ademáis, o Máster ofrece cinco bolsas propias de axuda á matrícula. (Máis información sobre bolsas)

Prezo

  • Alumnado UE: Para alumnado de dentro da UE o prezo é de 1.300€ aprox*.
  • Alumnado Non UE: Para alumnado de fóra da UE o prezo é de 3.700€ aprox*. (+info)

*Tasas Administrativas: apertura expediente (22,31€), TUI (4,79€), solicitud equivalencia de ser precisa (27,09€), seguro accidentes obrigatorio (15€)

Podes consultar máis información sobre requerimentos e matrícula aquí.

III edición do Fórum do Camiño de Santiago

Os días 12 e 13 de febreiro de 2019 terá lugar no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela a III edición de Fairway na cal se levarán a cabo conferencias, coloquios e mesas debate.

Como novidade preséntase a Fairway Academy, dous talleres sobre márketing dixital turístico co foco sobre a reputación online.

Rógase confirmación coa maior brevidade posible debido ao aforo limitado do congreso (400  pax por conferencia, coloquio ou  mesa debate) e os talleres de Fairway Academy (50 pax por taller).

Pódense consultar horarios por temática no seguinte link: https://www.fairwaysantiago.com/el-congreso