O próximo martes 11 de outubro de 2016 ás 12:00 horas no Salón de Graos da Facultade, terá lugar a primeira sesión do Programa Empréga-T.

 

 

Trátase dun conxunto de seminarios, obradoiros e dinámicas individuais que terán lugar nos meses de outubro e novembro na Facultade de CC. Económicas e Empresariais en horario de mañá.

Todas as actividades son gratuitas e están dirixidas principalmente aos estudantes dos últimos anos de Grados e de Máster. O seu obxectivo fundamental é mellorar as habilidades do alumnado universitario para incorporarse ao mercado laboral con maiores probabilidades de éxito.

A información do programa está dispoñible na web de EMPRÉGA-T onde tamén vos podedes inscribir nos horarios e no centro que se axuste mellor á vosa dispoñibilidade. O programa completo, que ten plazas limitadas nalgúns obradoiros, consta de 30 horas e pode ser convalidado por 1 crédito optativo (asistindo ao 80% do programa) aos alumnos de Grado da USC. Hai a posibilidade de inscribirse en todo o programa ou en sesións soltas.

O programa, ademáis, inclúe un Laboratorio de Emprego, un intinerio de adestramento individual onde cada persoa pasará polos 5 pasos dun proceso simulado de procura de emprego.
Para coñecer todo o relativo ao programa e asistir á primeira sesión, que leva por título Conciéncia-T, toma nota da cita. Recorda que a asistencia a esta sesión é libre e está aberta a todo o público, ainda que non estés inscrito/a, pero tomarase lista de asistencia, xa que as 2 horas contan xa de cara ao crédito.

Máis información en: www.empregate.usc.es