Fórum Cicerón 2016” trátase de un programa de formación en habilidades e colocación profesional para os estudantes e egresados con máis talento de Galicia. Este programa está financiado pola Xunta de Galicia e promovido polo Sistema Universitario Galego, no que, a través dunha inmersión formativa de 2 días, os estudantes participarán, inicialmente, nunha serie de talleres e actividades de team building.

Posteriormente, o programa dará lugar a unha competición por equipos sobre o arte do debate onde deberán demostrar os coñecemento adquiridos e habilidades directivas e sociais desenroladas, dando como resultado unha formación única que transforma as súas habilidades persoais previas nas competencias precisas para o éxito profesional.

forum ciceron 2016

E todo baixo a atenta mirada dos e das responsables de RRHH das empresas máis importantes do panorama galego, que terán a oportunidade de observar cada proba en búsqueda do mellor talento. Esto quere dicir que aquelas empresas con algún proceso de selección aberto interesadas no evento poderán participar activamente no proceso, seleccionando a aquelas persoas adecuadas ás súas necesidades. Deste xeito, o Fórum Cicerón serve como punto de encontro idóneo para universitarios/egresados (futuros profesionais) e empresas.

O evento celebrarase o 27 e 28 de outubro de 2016 en Gandario (Bergondo) e Santiago de Compostela.

Para máis información vexa o dossier a través do siguiente enlace: http://bit.ly/forum-ciceron-2016  ou na web do evento: www.forumciceron.es