Con motivo do X Aniversario do Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago celebrase a Conferencia “O Emprendemento”, a cargo de José María Pérez González “Peridis”, Presidente da Fundación Santa María La Real del Patrimonio Histórico e promotor do programa Lanzaderas de Empleo y Emprendimiento.

A charla será o mércores 5 de outubro de 2016, ás 20.00 horas, no Salón de Actos da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela ( San Pedro de Mezonzo, 44 – baixo. 15701 Santiago de Compostela).

José María Pérez González, máis coñecido como Peridis, é arquiteto e debuxante, nacido en Cabezón de Liébana (Cantabria) o 28 de setembro de 1941. Publicou diversos libros sobre humor e sátira política. En TVE presentou e dirixiu “Las claves del románico“, con 33 capítulos emitidos entre 2002 e 2007. É presidente da Fundación Santa María la Real para promover a conservación, restauración e mantemento do patrimonio natural, cultural e social, con especial adicación ao arte románico. Ademais é o promotor do programa “Lanzaderas de Empleo y Emprendimiento“.

Prégase confirmación comunicacion@camaracompostela.com
Pode inscribirse no seguinte enlace:  http://www.camaracompostela.com/index.aspind=1C0A0A0&P=230&ncurso=572016#.V9u5qZiLQdU
Contacto: 981 596 800 (María Montoto)