Dende o día de hoxe ata o vindeiro 2 de outubro permanecerá aberto o prazo de inscrición para que os alumnos poidan participar na segunda edición do Proxecto Mentoring USC Desenvolvemento Profesional. 

Trátase dun proxecto impulsado pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, que ten como obxectivo poñer en contacto ao alumnado de último curso (grado e máster), con directivos e profesionais de empresas cunha ampla  e recoñecida traxectoria.

Coa figura dos  mentores/as preténdese potenciar a empregabilidade dos alumnos, poñendo en valor os seus coñecementos e experiencias, e permitindo deste modo o seu crecemento profesional e o desenvolvemento do seu talento.

Podes consultar a información do programa e formalizar a túa inscrición a través do seguinte enlace http://www.usc.es/gl/proxectos/mentoring/estudantes.html