A Asociación Corporativa de Axencias de Viaxes Especializadas (Acave) pide á Generalitat de Cataluña que permita a entrada de turistas estranxeiros a partir do 23 de novembro e así poder retormar a súa actividade.

O goberno español decretou que os viaxeiros que veñan a España teñen que ter unha PCR negativa realizada polo menos 72 horas antes de chegar a España. Dita asociación recomenda que se substitúan esas PCR por test rápidos, xa que como estes argumentan, moitos españois que viaxen por motivos laborais ou viaxes excepcionais non o poidan facer a aqueles países considerados de risco en menos de 72 horas.

Serían os viaxeiros de 65 países os que terían que presentar unha PCR negativa para entrar no noso país a partir do 23 de novembro. Esta medida o que pretende é frear a expansión do virus do Covid-19 e homoxeneizar os modelos de control sanitario que xa esixían ós pasaxeiros españois na maioría dos países da Unión Europea. Esa listaxe de 65 países elaborouse tendo en conta aqueles países que teñen unha incidencia acumulada nos últimos 14 días de máis de 150 casos por cada 100.000 habitantes.

Nesta listaxe atópanse países como Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Irlanda, Portugal ou Suecia entre outros, e actualízase cada día 15 días na web do Ministerio de Sanidade.

Fonte: Tur 43