PROGRAMA DE AXUDAS Á MANUTENCIÓN NAS CAFETERÍAS E COMEDORES UNIVERSITARIOS

 

As axudas teñen por obxecto sufragar parcialmente os gastos de alimentación mediante a emisión de bonos de comedor intercambiables por un menú diario na franxa horaria do mediodía, nos días e períodos lectivos segundo o calendario escolar do curso 2020/2021.

O crédito máximo desta convocatoria é de 100.000 euros.

Requisitos das persoas beneficiarias

  1. Requisitos académicos

– Estar matriculado/a no curso 2020-2021 en estudos conducentes á obtención dun título oficial de grao ou mestrado en calquera centro da USC.

– Non estar en posesión ou en condición de posuír un título do mesmo ou superior nivel ao dos estudos nos que se matricula para solicitar a axuda.

– Formalizar matrícula de, polo menos, 30 créditos.

– Non poderá participar o alumnado que estea cursando nesta Universidade un programa de mobilidade entrante nacional ou internacional, así como o alumnado que na data de remate do prazo de solicitude se atope cursando un programa de mobilidade noutra universidade fóra de Galicia.

  1. Requisitos económicos

Poderá optar a esta axuda o alumnado cuxa Renda Persoal Dispoñible (RPD) sexa, como máximo, de 9.000 euros.

Presentación de solicitudes

A presentación de solicitudes farase a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, empregando o formulario normalizado de solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes: Contará desde o día seguinte da publicación no Taboleiro Electrónico e será de 10 días hábiles.

Máis información na base da convocatoria a cál se pode acceder a continuación: 

 

PROGRAMA DE AXUDAS PARA A DOCENCIA VIRTUAL

 

O obxecto destas axudas é o cofinanciamento de servizos de internet para o alumnado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa finalidade de que poida acceder ao contido do Campus Virtual e demais ferramentas didácticas necesarias para a súa actividade académica.

Serán subvencionables os gastos de acceso a internet que utilicen as persoas beneficiarias da axuda.

O período subvencionable abarcará o gasto realizado desde o 21 de setembro ao 16 de xullo de 2021.

Para a concesión destas axudas destinaranse 100.000 euros.

Requisitos dos beneficiarios

Os mesmos que os necesarios para obter a axuda para a manutención do alumnado nas cafeterías e comedores universitarios.

Presentación de solicitudes

A presentación de solicitudes farase a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, empregando o formulario normalizado de solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 2 de novembro.

Máis información na base da convocatoria a cál podes acceder a continuación:

 

PROGRAMA DE PRÉSTAMOS DE EQUIPO INFORMÁTICO

 

O obxecto do programa é o préstamo de material informático para garantizar que o alumnado con dificultades económicas, que carezca dos medios para seguir a docencia virtual, poida acceder os recursos da docencia virtual.

Requisitos das persoas beneficiarias

– Estar matriculado/a no curso 2020-2021 en estudos conducentes á obtención dun título oficial de grao ou mestrado en calquera centro da USC

– Non poderá participar o alumnado que estea cursando nesta Universidade un programa de mobilidade entrante nacional ou internacional, así como o alumnado que na data de remate do prazo de solicitude se atope cursando un programa de mobilidade noutra universidade fóra de Galicia.

-Non disponer de equipamento informático e/ou nin ter conexión a internet.

-Acreditar a situación de dificultade económica do solicitante ou da unidade familiar.

-Aceptar as condicións de cesión temporal e uso, así como a penalización en caso de incumprimento.

-Formalizar unha fianza de 50€.

Presentación de solicitudes

A presentación de solicitudes farase a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, empregando o formulario normalizado de solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 2 de novembro.

Máis información na base da convocatoria  a cál pódese ter acceso a continuación: