Vivir todo o ano nun hotel con vistas ao mar é posible en Sada (A Coruña).

O Hotel Alda Sada Mariña, situado fronte ao paseo marítimo sadense, dispón de 20 apartamentos os cales aluga tanto para estancias longas como curtas. Por suposto todos eles con vistas ao mar.

A oferta destes dúplex como vivenda habitual non está motivada polas circunstancias ocasionadas por COVID-19. Empezáronse a ofertar en xaneiro e en marzo, co estado de alarma, parouse todo. Nos últimos meses retomárono e a súa acollida está a ser moi satisfactoria. De feito, xa teñen ocupados o 50% dos apartamentos para un ano.

Cada dúplex conta con dúas plantas de 75 metros cadrados cada unha. Na planta de abaixo teñen cociña equipada, salón-comedor cun sofá cama e terraza con vistas ao mar. Na planta de arriba contan con dous dormitorios, baño, aseo e outra terraza con vistas ao mar.

O prezo é a partir de 600 euros mensuais, aos que habería que engadir o 10% do IVE. Neste prezo inclúense o pago das subministracións de luz, auga, calefacción e conexión WIFI.

Os máis interesados neste tipo de estancias son os veciños da Coruña, quen foxe do bulicio da cidade buscando tranquilidade nun ambiente agradable.

Fonte: Quincemil

Escapadas e experiencias dispoñibles no Hotel Alda Sada Mariña

A cadea de hoteis Alda, á parte do servizo de aloxamento, ofrece outros produtos e servizos e así gozar moito máis da súa estancia nos seus hoteis. Concretamente, no Hotel Alda Sada Mariña os clientes poderán gozar dunha noite de aloxamento para dúas persoas con menú degustación e un paseo en catamarán pola Ría de Betanzos por 100 euros. Tamén está dispoñible, por un prezo de 23,50 euros por persoa e noite, un pack dirixido a persoas maiores de 50 anos que ofrece aloxamento, un detalle de benvida, un almorzo continental e a saída tardía.

 

Fonte: Tur 43