A AVTE (Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento) da USC e Uninova están a organizar, en colaboración coa Fundación Innovación Bankinter, unha nova edición do Programa de Innovación AKADEMIA. Un programa onde alumnos de diferentes universidades e  carreiras realizarán unha viaxe práctica para experimentar un proceso de innovación real, dende aprender a predicir tendencias futuras ata o desenvolvemento dun algoritmo baseado na intelixencia artificial. Todo isto, sen ningún requisito adicional o seu currículo académico.

Os estudantes do programa Akademia pasarán por 8 sesións de 1 hora de duración cada unha, que serán impartidas por diferentes expertos nun formato de debate.

Este ano como consecuencia da pandemia da COVID-19 hai moitas novidades:

  1. Vaise facer un curso virtual con tres convocatorias distintas para intentar adaptarse mellor aos diferentes horarios do alumnado:
    • Opción LUNS de 19h a 20h en Zoom. Data límite de inscrición: xoves 22 de outubro.
    • Opción MÉRCORES de 12.30h a 13.30h en Zoom. Data límite de inscrición: venres 23 de outubro.
    • Opción XOVES de 13h a 14h en Zoom. Data límite de inscrición: venres 30 de outubro.
  2. Os alumnos terán a oportunidade de integrarse en grupos formados por alumnos das catro universidades participantes (USC, Universitat Politècnica de València, Universitat Pompeu Fabra e Universidad Loyola).
  3. A participación na presente edición terá carácter gratuíto para o alumnado da USC.

 

Os grupos serán de 20 prazas cada un deles. Débese enviar o currículo ao enderezo akademiafibk@bankinter.com ou ben rexistrarse  nesta ligazón.

Calquer dúbida pódese contactar a través do mail: rosamaria.sanchez@usc.es

A continuación, un breve vídeo da presentación e comentarios de estudantes que fixeron o proxecto na edición pasada: