A Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, creada ao abeiro dun convenio asinado entre a USC e a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, acaba de convocar 21 proxectos de investigación, difusión e didáctica sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións a desenvolver entre o 1 de febreiro e o 30 de abril do ano 2021

Poderán solicitar estas axudas os licenciados, doctorandos, investigadores e profesores universitarios, nacionais ou estranxeiros, que desenvolvan a súa actividade investigadora, divulgadora e docente en prol do ámbito da Cátedra Institucional.

Prazo de presentación de solicitudes: remata o 23 de outubro de 2020.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Universidade Santiago de Compostela e dirixiranse á Oficina de Investigación e Tecnoloxía(OIT),

As solicitudes deben conter a seguinte documentación anexa:

  1. Descrición do proxecto de investigación que recolla, como mínimo, os seguintes elementos:

-Título.

-Resumo.

-Proposta científica: Antecedentes e estado actual do tema de estudio, hipótese de partida e obxectivos xerais, obxectivos específicos, metodoloxía e cronograma.

– Plan de difusión e impacto esperado dos resultados.

  1. Currículo Vitae Abreviado (CVA) da persoa responsable do proxecto .
  2. Declaración responsable da investigadora ou investigador principal de que non percibe ou ten solicitado axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes da USC.

 

Para máis información pode acceder e consultar as bases da convocatoria na seguinte ligazón: