Career Center é unha app de emprego gratuíta desenvolvida pola Área de Orientación Laboral da USC grazas á cal os estudantes terán acceso de maneira rápida e efectiva a contidos, recursos e todo tipo de informacións relacionadas co mundo laboral. Nela, os estudantes atoparán ofertas de emprego, prácticas profesionais, cursos, eventos e información básica de empresas entreo outras cousas. Ademais, os estudantes poderán concertar citas cos orientadores laborais da área quen lles axudarán a resolver as súas dúbidas.

Por unha banda, os estudantes poderán inscribirse na plataforma coas súas credenciais da universidade no botón que se mostra a continuación:

Por outro, as empresas publicarán as súas ofertas rexistrándose na plataforma.

Á parte de publicar as ofertas, as empresas rexistradas poderán facer un seguimento delas, coñecer os candidatos que se postulan e darse máis visibilidade.

 

Máis información en https://bit.ly/2GKOmrH