A VII Feira de Emprego organizada pola Cámara de Comercio da Coruña celébrase íntegramente de forma virtual para seguir potenciando o achegamento entre empresas e mozos rexistrados no Sistema de Garantía Xuvenil que desexan incorporarse ao mundo laboral. Este evento enmárcase no Programa Integral de Cualificación e Emprego ( PICE) das Cámaras de Comercio de España.

Unha vez rexistrados, os participantes poderán presentar o seu currículo a decenas de empresas a través de entrevistas online, reservando previamente a cita. Tamén poderán conectarse con orientadores laborais que lles asesorarán de forma personalizada segundo os seus perfís e a súa experiencia. O programa inclúe interesantes seminarios e talleres que abordarán todos os temas relativos á selección de persoal, para que os asistentes potencien as súas habilidades.

Participarán empresas como Gadisa, Estrela Galicia, Adecco, Prosegur, Vegalsa…

Horario: de 9:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas

Programa

9:30 h– Inauguración e entrevistas coas empresas
Cal é o teu obxectivo? Márcate unha meta profesional: Vitoria Mariño Martínez (Consultora de Gálica)
10:00 h– O currículo como arma de venda: María Dorrego (Grupo Clave)
10:30 h– Potencia as túas habilidades sociais: María García Trincado ( Formadora e Orientadora laboral).
11:00 h– Como utilizar as redes sociais para empregarche: Covadonga Abril Paredes (Directora de proxectos e responsable técnica de Talentiers group)
11:30 h– A primeira impresión conta; imaxe e actitude: Noemí Bellas Mella ( Líbolis)
12:00 h– Entrevistas de éxito: Inma Rodríguez Cuervo ( RSC Galicia)
12:30 h– Que profesionais teñen unha maior demanda e que carencias en formación se observan na mocidade?: Ana Rivera de Lago ( RR. HH Grupo Imán)
13:00 h– Coloquio

Máis información en https://feriaempleoacoruna.es/

 

No seguinte vídeo móstrase unha pequena presentación da feira de emprego: