Ata o momento, realizáronse tres convocatorias que abrangueron tres períodos:

  • Desde o 14 de marzo ao 15 de abril,
  • Desde o 16 de abril ao 15 de maio
  • Desde o 16 de maio ao 15 de xuño.

Tendo en conta o volume de solicitudes das convocatorias anteriores e que o alumnado precisa manter a conexión a internet para a preparación e celebración das probas de avaliación da convocatoria de xullo e para a preparación e defensa dos TFG eTFM , é necesario establecer unha cuarta resolución para o seguinte período de gasto.

Para a concesión destas axudas destinaranse 60.000 euros. A axuda cofinanciará o 90% do gasto realizado pola persoa beneficiaria cun máximo de 40 euros por persoa.

 Ámbito temporal

O período subvencionable abarcará o gasto realizado desde o 16 de xuño e o 15 de xullo.

Requisitos dos beneficiarios

Poderán acceder á consideración de beneficiarios o alumnado que estea matriculado nunha titulación oficial de grao ou mestrado no curso 2019-2020.

Unicamente poderá solicitarse unha subvención por persoa beneficiaria.

Presentación de solicitudes

A presentación de solicitudes farase a través da Sede Electrónica da USC, cubrindo o formulario normalizado de solicitude dispoñible no seguinte enderezo dirixido á Xerencia da USC:

SEDE USC

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes contará desde o día seguinte da publicación no Taboleiro Electrónico e rematará o 17 de xullo de 2020.

A documentación que deberá presentarse xunto coa solicitude

Factura ou xustificante do gasto realizado que deberá estar dentro do período temporal subvencionable.