Galicia supera a Menorca como destino para viaxar neste 2020

A guía de viaxes Lonely Planet, a través das súas redes sociais, lanzou unha macroenquisa coa seguinte pregunta: ¿cal sería o teu destino para viaxar este verán por España?

Máis de 20.000 viaxeiros deixaron as súas opinións e, na gran final, Galicia impúxose a Menorca como destino ideal.

Neste caso os viaxeiros apreciaron que Galicia é un destino seguro, respecto á Covid- 19, á parte da infinidade de recursos turísticos que se complementan perfectamente. Os recursos turísticos que máis destacan son a cultura, a gastronomía, que se caracteriza polo respecto exquisito pola materia prima tanto de produtos de mar como de terra e prodixiosa nos seus viños, as súas praias e a natureza.

En Galicia pódeste perder en bosques milenarios como as Fragas do Eume, ademais dunha sesión de spa nas termas de Ourense. Podes coñecer a historia de Galicia a través de cidades como Lugo ou Santiago de Compostela, visitando a muralla romana ou a catedral, respectivamente, ou tamén cidades como Vigo ou A Coruña.
Se prefires praia, Galicia conta con 1.500 km de costa, con recunchos paradisíacos escondidos entre as súas rías.

Tras pasar por Galicia, tamén o viaxeiro saberá o que é a “morriña”.

Fonte: El Correo Gallego

Parque natural das Fragas do Eume

O Parque natural das Fragas do Eume é o último bosque atlántico que segue o curso do río Eume. A mellor forma de coñecer o Parque é camiñando pola rede de carreiros existentes, que suma un total de 8 roteiros.

Parque Nacional Marítimo-Terrestre dás Illas Atlánticas

No Parque Nacional Marítimo-Terrestre dás Illas Atlánticas atópase a que é considerada unha das mellores praias do mundo segundo o xornal The Guardian: A praia de Rodas. As Illas Cíes e as Illa de Ons, xunto coa súa irmá Onza ou Onceta e o illote das Freitosas, constitúen este paraíso natural protexido. As primeiras sitúanse enfronte da ría de Vigo e as últimas pechan a ría de Pontevedra cunha liña de costa perfilada con area de praias.

Catedral de Santiago

Lugar onde se atopa a tumba do Apóstolo Santiago. Declarada Monumento Histórico-Artístico en 1986.

Muralla de Lugo

Rodea a cidade de Lugo, é Patrimonio da Humanidade. Construída hai máis de 17 séculos, mide máis de 2 km e ten 10 portas.

 

Fonte: Xunta de Galicia