Control sanitario dos pasaxeiros internacionais

É crucial para o sistema de saúde pública a detección precoz de casos importados de coronavirus, os cales puidesen xerar brotes no país. Tamén é de vital importancia a localización, de xeito inmediato, das persoas que tivesen contacto con outras que resultasen positivas ou tivesen síntomas.

Se chegase o momento de presentarse unha situación grave, o Goberno pode decretar o estado de alarma nunha parte do territorio, ou mesmo en todo o territorio.

Actualmente, cos brotes activos coas medidas adoptadas como o retroceso a unha fase máis restritiva, é suficiente sen que sexa necesario implementar outras moito máis restritivas, máis aló das sanitarias.

Fonte: La Voz de Galicia 

O Ministerio de Sanidade determinará os controis sanitarios necesarios aos que deben someterse os pasaxeiros que cheguen a España por vía aérea ou marítima e o alcance dos devanditos controis, sendo o responsable da súa execución.

Estos controis sanitarios poderán incluír a toma da temperatura, un control documental e un control visual sobre o estado do pasaxeiro. No que se refire ao control documental, os pasaxeiros con orixe en calquera aeroporto ou porto situado fóra do territorio español, deberán cumprimentar un formulario de saúde pública.

Se no proceso do control sanitario se detecta que un pasaxeiro pode padecer COVID-19 ou outra patoloxía que poida supoñer un risco para a saúde pública, realizarase unha avaliación médica na que se valorarán os aspectos epidemiolóxicos e clínicos do pasaxeiro. Se se confirma que o pasaxeiro padece COVID-19 ou outra patoloxía que poida supoñer un risco para a saúde pública, activaranse os protocolos establecidos para a súa derivación a un centro sanitario.

 

Fonte: BOE

 Posible veto a viaxeiros procedentes de EEUU, Brasil e Rusia.

Ante a situación de crecemento mundial da pandemia, a UE estaríase a expor a vetar a entrada a viaxeiros procedentes de EEUU, Brasil e Rusia. Nestes países, a pandemia está lonxe de ser controlada, mostrando os seguintes datos:

  1. Estados Unidos é o país con máis casos detectados de todo o mundo, con máis de 2,3 millóns (120.771 mortes).
  2. En segundo lugar sitúase Brasil, con máis de 1,1 millóns (51.271 falecidos).
  3. E en terceiro lugar está Rusia con case 600.000 casos e 8.349 mortes rexistradas, segundo a Universidade John Hopkins.

Fonte: El Diario.es

Os Reis lanzan en Canarias unha mensaxe de ánimo e recuperación do turismo

Os reis de España, don Felipe e dona Letizia, están a realizar un circuíto que lles levará por todas as comunidades autónomas. Esta xira comezou onte nas Illas Canarias, para coñecer de primeira man a rectivación do sector turístico nunha das zonas máis golpeadas por esta crise da pandemia do Covid- 19. O 60% da poboación das illas canarias depende directa ou indirectamente do sector turístico.

Xunto con representantes do sector turístico, o rei insistiu en levantar o ánimo e en comezar a reactivar o país mediante as axudas nacionais e europeas.

 

 

Fonte: El País