O programa de prácticas de Fusion For Energy (F4E) ten como obxectivo promover a conciencia, o coñecemento e a comprensión do papel de Europa no Proxecto ITER e no contexto europeo, así como proporcionar capacitación aos graduados universitarios no campo da enxeñería nuclear, física, administración e comunicación. O nome do proxecto, “ITER”, ven dado polo seu significado en latín, pois traducido quere dicir “o camiño” e, por tanto, o proxecto busca ser o maior experimento do mundo no camiño cara á enerxía de fusión.

O período de prácticas do proxecto é retribuído e ten unha duración de catro a nove meses en calquera das sedes de F4E: Barcelona (España), Cadarache (Francia) ou Garching (Alemaña). Este proxecto comezará en outubro 2020.

Prazo de inscrición:

Do 4 xuño de 2020 ao 25 de xuño 2020 (aquelas persoas interesadas poderán solicitar un máximo de 3 postos).

Perfís demandados

• Enxeñeiros e físicos

• Avogados

• Expertos en recursos humanos, finanzas, adquisicións.

• Comunicadores

Para máis información sobre o programa pode premer nesta ligazón ou enviar un email a traineeships@f4e.europa.eu