A USC en moi boa posición entre as universidades españolas segundo a clasificación do CWUR e de U- Multirank

Center for World University Rankings ( CWUR) elabora informes sobre as únicas clasificacións universitarias que miden a calidade da educación e a formación dos estudantes, así como o prestixio dos membros da facultade e a calidade da súa investigación, sen basearse en enquisas e peticións de datos da universidade. O 8 de xuño de 2020, o CWUR ven de publicar esta clasificación que sitúa á USC no posto 461 de 2.000 centros a nivel internacional. En dita clasificación, analizouse unha mostra de 20.000 centros académicos os cales se clasificaron segundo o seu exercicio académico. Os aspectos máis valorados da universidade compostelá son o rendemento investigador e a empregabilidade. Grazas a estes aspectos, a USC sitúase no posto 13 de 53 institucións españolas que se inclúen nesta clasificación.

Esta clasificación emprega sete obxectivos e unha serie de indicadores nos que se valora de xeito especial a calidade da educación en base a :

  • Número de alumnos premiados con recoñecementos internacionais
  • Inserción laboral do alumnado,
  • Calidade do persoal docente
  • Rendemento investigador,

A USC obtén a cualificación “A, a máxima dun total de catro niveis

Outra clasificación mundial de universidades é o U- Multirank que propón un novo enfoque para a elaboración de clasificacións de institucións de educación superior. A novidade desta clasificación universitaria vén dada polas súas características básicas fundacionais que o diferencian doutras clasificacións existentes. O U- Multirank distínguese polo seu rigor e eshaustividad, promove o desenvolvemento económico e social, é multidimensional, independente, personalizable e ten cobertura mundial. Éste baséase en tres criterios:

  1.  Investigación
  2. Transferencia de coñecemento
  3. Interacción coa súa contorna

E son, efectivamente, nos cales obtén mellores puntuacións a USC. Esta clasificación compara datos de 79 universidades españolas e máis de 1.700 universidades de todo o mundo. A USC obtén a cualificación “ A”, a máxima que se outorga. A cualificación outorgóuselle á USC principalmente por:

  1. Número de publicacións científicas incluídas nas bases de datos de Web of Science
  2. A súa capacidade para captar fondos de investigación privados, sen necesidade de recorrer ás subvencións públicas.
  3. A súa porcentaxe de publicacións académicas en revistas
  4. A porcentaxe de publicacións mencionadas en listas de referencia con polo menos unha patente internacional.

Así mesmo, a USC é o centro de referencia respecto á crise do Covid-19, de feito estase a elaborar un Plan de Acción para o vindeiro curso 2020-2021co fin de que as clases se poidan desenvolver coas máximas garantías.

Fonte:  USC