Data da oferta: 14/03/2017

  • Ubicación: Santiago de Compostela
  • Tipo de contrato: indefinido, xornada completa
  • Número de vacantes: 1

Eurostars Hotels, cadea hoteleira lanzada en 2005 e que conta na actualidade con máis de 65 establecementos orientados, fundamentalmente, ao cliente cultural e de negocios, busca rapaces profesionais con gran potencial de crecemento e desenvolvemento como consecuencia da forte expansión da cadea tanto a nivel nacional como internacional.

Precisamos incorporar recepcionistas Junior para os nosos hoteis ubicados en Santiago de Compostela

As persoas seleccionadas encargaranse de realizar as tarefas básicas derivadas do posto de recepcionista de hotel tales como o check-in/out, atención ao público, reservas, atención telefónica e auditoría nocturna.

Pensamos en persoas recén Graduadas en Turismo, orientadas ao cliente, dinámicas, responsables e con don de xentes. Asimismo, deberán aportar experiencia de prácticas en posto similar e bo nivel de idiomas.

Para o posto requírese de dispoñibilidade horaria para traballar a turnos.

Requisitos:

  • Diplomatura ou Grao en Turismo (imprescindible contar co expediente académico pechado).
  • Experiencia previa de prácticas como Recepcionista de Hotel
  • Inglés alto

Inscribirse nesta oferta: AQUÍ