Co fin de celebrar o día Internacional dos Arquivos (9 de xuño), o Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela (AHUS) elaborou unha exposición virtual sobre a memoria epidémica en Galicia dos séculos XVI ao XX a través de 50 documentos dunha tipoloxía moi variada. Ditos documentos, pertencen a varios dos fondos que custodia o arquivo mencionado.

Con esta exposición virtual e coas evidencias documentais, a AHUS pretende amosar a coincidencia coa realidade actual que vivimos coa crise do coronavirus que destaca a importancia do carácter cíclico da historia.

A través dela, o AHUS pon de manifesto o papel dos arquivos no “Empoderamento das Sociedades do Coñecemento”. Podese acceder a exposición virtual no seguinte enlace.