A Ribeira Sacra, un Ben de Interese Cultural

O Presidente da Xunta de Galicia, o 27 de decembro de 2018, declarou a paisaxe da Ribeira Sacra como un Ben de Interese Cultural (BIC). A Ribeira Sacra sitúase entre as provincias de Lugo e Ourense, lugar do interior de Galicia cunha infinidade de paisaxes inabarcables que, grazas a unha chea de miradoiros, podemos gozar. É unha terra de viñedos os cales se distribúen graduados polas agrestes ladeiras, mosteiros antigos e o caudaloso río Sil, cruzando un canón de máis de 500 metros de profundidade, o que fai que esta comarca sexa máxica. O visitante atópase na Ribeira Sacra cunha gran oferta de lecer: desde catas de viño, percorridos polo Sil en catamarán, roteiros de sendeirismo, visitas culturais e ata saídas en globo.

O Roteiro dos Miradoiros do Sil

Un dos roteiros máis destacables é o Roteiro dos Miradoiros do Sil. Dende este miradoiros, pódense obter incribles panorámicas deste fenómeno naturados canóns. A continuación, resumimos estes miradoiros:

• Balcón de Madrid: É o máis coñecido, visitado e un dos miradoiros máis espectaculares de Galicia. Recibe ese nome porque era o lugar onde se despedían aos barquilleiros que se ían a traballar a Madrid.

• Miradoiro de Cabezoás: Dende este miradoiro contemplarás paisaxes que che lembrarán a paisaxes de Noruega ou de Nova Zelanda. Este é a última curva que forma o río Sil, na localidade de Parada de Sil, para seguir o seu camiño ata Nogueira de Ramuín e enfronte, atopámonos coa localidade de Sober.

• Miradoiro de Santiorxo: Dende este miradoiro terás a sensación de estar na proa dun barco e poderás observar o canón ao seu paso por Sober. Ademais o mellor é que podes contemplar o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas do Sil.

• Miradoiro de As Penas de Matacás: Teremos vistas do embarcadoiro de Doade, dende o cal se colle o catamarán que percorre o río Sil. Na seguinte galería de fotos, poderemos observar unha parte da beleza da paisaxe dende os miradoiros anteriormente mencionados.

Fonte: Quincemil

Gastronomía e cultura

Asemade, a Ribeira Sacra tamén conta cunha oferta gastronómica e cultural de gran interese, comezando polos seus viñedos e a súa Denominación de orixe, establecida dende o 1997. En Monforte de Lemos celébrase anualmente o “Festival do Viño da Ribeira Sacra“, unha iniciativa promovida polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e o Concello de Monforte de Lemos. As marxes do Río Cabe ao seu paso por Monforte, convértense ao longo de tres días no escenario principal para a promoción e degustación dos viños da D.O. Ribeira Sacra. Neste festival intégrase tamén unha ampla oferta lúdica, cultural, gastronómica e turística, nun ambiente tranquilo e relaxado para todos os públicos.

Algunhas das bodegas que participan neste evento son:

Fonte: Festival do Viño 

Por outra banda, na Ribeira Sacra tamén se celebra o “Festival Ribeira Sacra”que este ano cumpre a súa XVII edición. Neste Festival participan artistas nacionais e internacionais e, por suposto, tamén se pon en valor a gastronomía e o patrimonio nun enclave natural espectacular.

Dende o ano 1996, a Ribeira Sacra está incluida na Listaxe do Patrimonio Mundial e o vindeiro ano 2021, saberemos se se converte en patrimonio da humanidade despois de que a súa candidatura sexa avaliada polo Comité do Patrimonio da UNESCO Fonte: Xunta de Galicia    Finalmente, gustaríanos amosarvos nun vídeo a beleza deste enclave, onde se fai un percorrido virtual polas paisaxes espectaculares desta comarca, e recorda que este verán podemos #quedarengalicia e desfrutar de todo o que ofrece.