Ante a incerteza ao redor das vacacións de verán, os máis previsores xa comezan a reservalas e Galicia colócase como un dos destinos turísticos máis solicitados.

O último estudo realizado polo portal de viaxes Weekendesk.es mostra que Galicia, cun 18% do total das reservas, se sitúa como segundo lugar de vacacións con máis reservas de España.

A comunidade galega está de moda, a mostra é que o 26 % dos usuarios deste informe considera que Galicia é un dos lugares soñados para viaxar. Ademais, o 5 % das procuras de viaxes curtas céntranse nesta comunidade autónoma.

Por outra banda, máis da metade dos usuarios do mencionado portal de viaxes elixen a costa, concretamente un 57%, mentres que un 22% elixen o turismo rural.

Dentro de Galicia, Pontevedra é o primeiro destino turístico onde destaca o interese polas Rías Baixas polo que moita xente se decantará este verán por pasar as súas vacacións nestas terras, A Coruña é a segunda provincia con maior número de paquetes contratados co 14 %.

Un dos factores que poden influír en que Galicia se convirta nun dos principais destinos turísticos de España durante este verán sería o baixo índice de contaxios na comunidade. No seguinte cadro, móstranse os últimos casos detectados.

 

Fonte: Weekendesk

Casos de COVID-19 por PCR totais, novos, incremento e incidencia acumulada dos últimos 14 días.

España, datos actualizados a 19/05/2020

Fonte: Ministerio de Sanidade 

Ademais do turismo nacional, tamén se está a potenciar o turismo de dentro da comunidade. Un exemplo disto é a campaña #quedatenacasa do Clúster de Turismo de Galicia, que busca reactivar o turismo de cercanía e a confianza dos visitantes. Podes ver o vídeo da campaña a continuación.

Campaña de turismo #quedatenacasa do Clúster de Turismo de Galicia en colaboración coa Xunta e a Axencia de Turismo de Galicia

Neste vídeo, invítase a tódolos galegos a quedar este verán e redescubrir Galicia, unha terra na que podes disfrutar de lugares de ensoño preto do fogar como os que se amosan na seguinte galería de imaxes.

Quedamos na casa porque hoxe, entrar é o mellor xeito de saír

Lugares máis emblemáticos de Galicia