Google estos días recórdanos que temos á nosa disposición a web “Google Arts & Culture“.

Debaixo da súa caixa de busca figura o enlace directo á máis de 2.000 museos e coleccións que podemos ver dende as nosas casas.

¿Que podemos descubrir dende os nosos fogares?

  • Diferentes proxectos por temáticas, por cores e por categorías como artistas, técnicas e correntes artísticas, acontecementos e persoaxes históricos ou épocas.
  • Visualizar obras de arte con gran calidade a través de imaxes na sección denominada “Art camera“, ver vídeos 360º, Street view de lugares famosos e emblemáticos e con realidade aumentada, inclusive.
  • Realizar visitas virtuais a recoñecidas exposicións e museos de todo o mundo.
  • Explorar, por ubicación e cercanía.
  • Gardar os proxectos, imaxes ou vídeos en Favoritos para velos noutro momento.

Coleccións dispoñibles en Google Arts & Culture

Dentro do apartado “Coleccións” podemos acceder a museos e exposicións que figuran na sección de Partners da web. Un exemplo dalgúns dos colaboradores son:

A Fundación catedral de Santiago tamén está dispoñible

Dentro destas coleccións tamén nos podemos atopar con que a “Fundación Catedral de Santiago” dispón dunha área de visita mediante Street view a tres museos:

  1. Pazo de Xelmírez
  2. Museo Colexiata do Sar
  3. Museo Catedral Santiago de Compostela (vista 1 e vista 2)
A Fundación tamén ofrece accesibilidade a catro exposicións online:

  1. Museo Catedral de Santiago
  2. O Camiño de Santiago
  3. Tapices de Goya
  4. Un mestre de nome Mateo

Estas exposicións compóñense de mapas, imaxes, vídeos e unha breve historia explicando cada un destes elementos.

Destacados semanais

Podemos acceder tamén ao apartado “Destacados semanais” que son aqueles proxectos, obras e seccións máis vistas cada semana.

Actualmente, recoméndanos visitar: