Estas axudas teñen a finalidade de cofinanciar os servizos de internet ao alumnado para que poida acceder ao contido a través do campus virtual e demais ferramentas didácticas imprescindibles para a súa actividade académica.

A  universidade aboará o 90% do gasto de internet entre o período do 16 de abril e o 15 de maio, ata un máximo de 40€ por persoa.

Requisito: Estar matriculado nunha titulación oficial de grao ou mestrado neste curso 2019-2020.

Prazo: 30 abril ata o 15 de maio.

A presentación de solicitudes farase a través da Sede Electrónica da USC, empregando o formulario normalizado de solicitude dispoñible na convocatoria e dirixido á Xerencia da USC.

 

Fonte da imaxe: www.usc.gal