A pandemia da enfermidade do coronavirus constitúe unha ameaza a nivel mundial e que azoutou ao noso país de maneira notoria. Ante este desafío, Crue Universidades Españolas, CSIC e Banco Santander lanzan o fondo Supera Covid-19. Este fondo está dotado de 8,5 millóns de euros dirixidos a financiar programas, proxectos de colaboración no ámbito universitario co fin de minimizar o impacto da crise do coronavirus nos sectores sanitario, educativo e social. Este fondo ten tres liñas prioritarias de actuación:

1. Investigación aplicada.
2. Proxectos de impacto e rendibilidade social.
3. Fortalecemento da capacidade TIC do Sistema Universitario Español.

Prazo da solicitude: comeza o 22 de abril e finaliza ao rematárense os fondos ou, como máximo, ata o 18 de decembro.

Pode solicitala pinchando aquí.

 

Fonte:  www.crue.org