O Museo Centro Gaiás organiza unha das tres grandes exposicións con motivo do Xacobeo 2021, na que se pode explorar a relación do territorio galego co resto do mundo.
Na exposición poderase gozar de numerosas pezas de gran valor histórico e cultural, expostas en grandes museos e bibliotecas, como a Cambridge University- Parker Library, o Museo do Prado ou a Biblioteca Apostólica Vaticana. O comisario da exposición é o xornalista e profesor Manuel Gago Mariño.

Pezas que atoparás na exposición

Na devandita exposición poderase gozar de pezas como a Biblia Kennicott, unha das biblias xudías máis valiosas, Os códices Calixtinos prestados da Universidade de Salamanca e da Biblioteca Vaticana que xunto co de Santiago son o únicos que se conservan no mundo.
O libro das invasións no cal se menciona por primeira vez a Breogán. Tamén os asistentes terán a oportunidade de gozar do Mapa de Sawley , que é considerado un do primeiros mapa mundi enciclopédicos europeos.

Ademáis, podes consultar aquí en ligazón directa algunhas obras audiovisuais destacadas:

  • O Cap Norte: Mostra a música que levaron os galegos cando emigraron a América.
  • A creación do ‘fin do mundo: Existe o prexuízo do illamento galego pero con todo o pobo galego sempre estableceu relación con outros territorios e culturas desde a prehistoria.

 

 

Esta exposición continúa máis aló das fronteiras do Museo do Gaiás grazas ás novas tecnoloxías. Para ver a exposición de forma virtual pulse aquí