Xa en novembro do ano 2019 a USC creaba o programa de micro-mecenado “Sumo Valor”, a través do cal as empresas, institucións e a sociedade en xeral se comprometa nas actividades, proxectos e servizos da universidade, sobre todo no relacionado coa investigación, a cultura e o deporte.

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, explicou que a plataforma de micro-mecenado “Sumo valor” acaba de deseñar esta semana unha nova liña para a investigación sobre o coronavirus. Os fondos recadados destinaranse a sistemas de detección do virus, como investigación de vacinas, análises epidemiolóxicas, así como estudos do impacto económico derivado desta crise sanitaria.

Grazas a estes fondos, os equipos de investigación disporán de recursos de maneira inmediata para poder realizar inicialmente as súas investigacións, no canto de agardar meses a obter financiamento externo de entidades privadas.

Prazo: ata o 31 de xullo de 2020

Máis información e formulario para realizar a microdoazóns aquí