O informe levado a cabo pola compañía Sojern e que se basea nas procuras e reservas de voos na rede dende estas últimas dúas semanas ata xaneiro de 2021, revela que a recuperación se podería efectuar en tres fases.

Unha vez a crise sanitaria sexa controlada, segundo esta empresa especializada en márketing dixital, a recuperación do sector turístico será, ao principio, a través de viaxes domésticas, logo de viaxes rexionais e por último as internacionais.

A recuperación comezará coas viaxes domésticas

Analizando ditas procuras nas últimas semanas, as taxas de variación interanuais, é dicir, a variación dos datos con respecto ao mesmo período do ano pasado, serán negativas na maioría dos países europeos. Concretamente en países como Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia ou España esta variación será negativa ata finais de ano. Non será ata xaneiro de 2021 que empezarán a mellorar.

A segunda fase centrarase nas viaxes rexionais 

Unha vez a confianza do consumidor vaia en aumento despois da crise sanitaria e do levantamento das medidas de confinamento, tamén aumentará o seu interese por viaxar de xeito gradual e soamente a nivel rexional.

Estiman que as viaxes internacionais serán as últimas en recuperarse

Na terceira etapa gañarán protagonismo as viaxes internacionais. Segundo o estudo realizado, as reservas de voos doutros países a Europa realizadas nos últimos 15 días para datas tan afastadas como son principios do vindeiro ano, ten como consecuencia as seguintes cifras nos países europeos analizados:

  • Francia (-54%)
  • Alemaña (-70%)
  • Italia (-8%)
  • España (-65%)
  • Reino Unido (-34%)

Por tanto, o factor “medo” e a confianza dos consumidores será o que limiten a recuperación do sector turístico unha vez se levanten as medidas de aislamento.

Fonte: Sojern e Hosteltur