“Escenario optimista”

Trátase dunha estimación preliminar, debido a que non hai moita información e os datos son moi dinámicos. Todo depende da estabilización do número de contaxios, así como das medidas que vaia tomando o goberno.
A crise económica derivada da crise sanitaria do coronavirus durará meses, estímase que desde o levantamento do confinamento pasarán polo menos sete meses ata que sectores principais da economía recuperen a normalidade. Con todo temen que só o sector alimentario poida pechar este ano cun nivel da actividade similar ó de antes da crise.

A consultora Deloitte presenta un escenario optimista de recuperación económica unha vez saiamos do confinamento. Expón un escenario baseado en tres fases, a primeira de illamento e de restriccións á mobilidade podería durar ata principios de xuño.
Durante esta fase asistiremos a unha paralización prácticamente total da actividade económica, sobre todo en sectores como o turismo e a hostalería e o comercio.

Sectores

A partir dese momento chegaremos a unha fase de estabilización, reactivando a economía gradualmente. Os cidadáns acudiriamos a bares e restaurantes ante o desexo de saír de casa e esquecer a enfermidade e os malos intres, Así mesmo realizariamos algunhas compras aprazadas estes meses de confinamento. Con todo, o sector turístico vivirá unha recuperación máis lenta. As compañías aéreas serán as máis prexudicadas. O sector turístico verá salvada a tempada grazas ao turismo nacional sobre todo no mes de agosto.

Viaxes

Os cidadáns españois ante este novo escenario de incerteza tardarán moito en viaxar ao estranxeiro, realizando só nos primeiros meses viaxes de urxente necesidade. Ademais as viaxes corporativas reduciranse debido a que as reunións celebraranse por videoconferencia ata que sexa posible facelo con toda seguridade. Así mesmo os turistas estranxeiros que nos visitan con cifras récord cada ano estímase que serán moi baixas polo menos este ano.

E por último a terceira fase de recuperación da economía non empezará ata sete meses despois de que se levante o confinamento. E isto no escenario máis optimista.