Algunha das medidas son:

 

Para os alumnos

  1. Suspensión do cobro das cotas a todos os alumnos que vivan nas residencias da USC mentres dure esta situación excepcional de suspensión da actividade docente presencial.
  2. Nestes días crearanse unhas axudas para que os alumnos teñan acceso a internet e poidan seguir as clases de forma online.
  3. Vaise crear unha Oficina Virtual de Atención, a través dela atenderanse demandas de información por vía telefónica, correo electrónico e WhatsApp.
  4. Mediante unha páxina web de Preguntas Frecuentes, onde se actualizarán todas as demandas de información máis repetidas.

En canto ás clases online:

  1. Creación dunha páxina web onde se centrará toda a información respecto diso. As diferentes seccións da páxina e os documentos que recompilan as ferramentas tanto para o profesorado coma para o alumnado estarán actualizados.
  2. Na canle de YouTube da USC, publicaranse diferentes titoriais que se están a elaborar nestes intres, co obxectivo que tanto os alumnos coma os profesores coñezan as ferramentas para as clases a distancia.
  3. A USC comprou licencias para que os alumnos desde os seus domicilios particulares poidan usar diferentes ferramentas e así a aprendizaxe non se vexa mermada ao non poder o alumnado asistir a clase de forma presencial.

En canto ó tema académico:

  1. A Resolución do reitorado do 23 de marzo precisa, ademais, que as medidas acordadas son aplicables “tanto aos estudos oficiais (grao, máster e doutoramento) coma aos títulos propios. En función da duración da suspensión de actividades determinarase como proceder para a avaliación e cualificación procedendo, de ser necesario, á reprogramación do calendario académico.  Nos próximos días débense adaptar todos os apartados a excepción do que refire á avaliación, que se tratará nun momento posterior, dependiendo dos datos que se teñan determinarase se a avaliación será presencial ou se se teñen que explorar outras alternativas.
  2. Tamén se acordou que as prácticas poidan facerse en setembro, posto que é posible que a defensa do TFG se faga antes de rematalas mesmas.

Estamos saturados de información pero non está de máis recordalas medidas de protección fronte ó Covid- 19 que lanzou a Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta.gal