A declaración do estado de alarma polo goberno en España o pasado 14 de marzo, tivo como consecuencia un gran impacto no turismo e na oferta cultural como o peche de hoteis, restaurantes, museos, bibliotecas, cancelación de concertos, de voos e multitude de empresas afectadas por esta situación que se está a vivir no mundo coa pandemia do Coronavirus (COVID-19). En relación a isto, comenzaron a xurdir no mundo da cultura, do sector turístico e do medio audiovisual numerosas iniciativas coa intención de reinventarse. Grazas ás novas tecnoloxías os cidadáns confinados nas súas casas dende hai días poden realizar actividades de lecer sen saír delas.

Museos con visitas virtuais

 

Un exemplo disto, son os museos de Galicia que ofrecen accesibilidade a través de visitas virtuais en 3D.

A nivel nacional, dispoñemos de visitas virtuais ao Museo do Prado.

 

Festivais, música, poesía e humor

Por outra banda, no tocante á música e á poesía, moitos artistas decidiron realizar en liña actuacións a través dos seus perfís nas redes sociais ou agrupándose en festivais programados para celebrarse en streaming e interactuando cos fans. Unha mostra destes festivais son o pioneiro “Son da casa” ou “Poesía en tu sofá”. Estes eventos virtuais levan como bandeira o hashtag “quedomenacasa”.

 

Destacamos a participación nestes festivais de artistas como o ferrolán Andrés Suárez, Dani Fernández ou Rozalén. Así mesmo, Alejandro Sanz xunto a Juanes tamén realizaron un concerto en directo a través da súa canle de Youtube. Devandito concerto foi seguido por millóns de persoas ao redor do mundo sen saír de casa a través dos seus dispositivos electrónicos.

Cada un está a afrontar a corentena como mellor pode e como as súas circunstancias lle permiten, e dentro de toda esta oferta musical e de entretemento, non podemos esquecernos do humor, que tanta falta fai en momentos así para sobrelevar as horas de confinamento. 

Os humoristas galegos Xosé A. Touriñan e David Perdomo axudaron a sobrelevalo a través das redes con espectáculos humorísticos que sacaron máis dunha gargallada para evadir a todo aquel que permanecese en liña. Estes artistas, nativos de Carral e A Coruña respectivamente, realizaron en varias ocasións directos a través dos seus perfís de Instagram e os seus seguidores puideron gozar de numerosas bromas, que fan máis levadío o illamento.

Podcasts que falan sobre turismo e viaxes

Ademáis do anterior contido citado, podemos escoitar Podcasts de todo tipo de temáticas. Deixámosvos algúns vinculados ao turismo e ás viaxes:

  1. Caimanes por el Mundo
  2. Podcast RadioViajera
  3. Viajo en Moto
  4. Levando anclas
  5. Nómadas
  6. Viajando Simple
  7. Around the World
  8. Japonizados Podcast

Listaxe con algunas apps para escoitar Podcasts:

 

Lectura a través de ebooks e descargables

 

No tocante á narrativa, algunhas das mellores aplicacións para ler libros, algunhas delas gratuítas, dende unha tablet ou móbil Android son:

  • Kindle: O dispositivo de Amazon é o favorito de moitos, podemos descargar unha chea de libros en castelán sen pagar un euro así como eBooks gratuítos en inglés e as últimas novidades a prezos moito máis reducidos que os habituais en librerías.
  •  Ebiblio: Servizo de préstamo de libros electrónicos do Ministerio de Cultura e Deporte.
  • WattpadUnha plataforma social de narrativa, onde podemos atopar máis de 10 millóns de historias e libros para ler totalmente gratis.
  • FB Reader: É un dos lectores para Android mellor valorados por parte da comunidade, de código aberto e con funcións de marcado, subliñado e notas.
  • Audible: Neste lector, pagamos unha mensualidade fixa e podemos escoitar unha interminable selección de audiolibros de obras moi coñecidas.
  • Overdrive: Podemos ler miles de libros totalmente gratis xa que permite tomar libros prestados da nosa biblioteca máis próxima e ler libros dixitais e audiolibros desde o móbil sen saír de casa.
  • Aldiko: É un dos lectores de eBooks máis veteranos para tablets e teléfonos móbiles.
  • Google Play Libros: Adoita vir instalado de serie en moitos dispositivos Android e é moi versátil.
  • Kobo: A súa utilidade máis destacada é a posibilidade de sincronizar a lectura entre varios dispositivos.

E en páxinas web como por exemplo a do Grupo Planeta poderás decargar  algúns dos mellores best- seller dos últimos anos no apartado Planeta de Libros, 

 

Gran oferta de plataformas de contidos audiovisuais

 

Por último, a estrela desta “estadía” na casa para sobrelevar a cuarentena son sen dúbida as plataformas de contidos audiovisuais á carta que nos achegan ao noso televisor infinidade de documentais e filmes.

Algunhas delas son HBO, Movistar+, Prime Video, Filmin ou Netflix. Nesta última plataforma podemos atopar a serie Dark tourist que nos introduce ao turismo máis negro asociado coa morte e a traxedia.

 

Fonte: Netflix

Para finalizar deixámosvos un interesante post sobre “Documentais e series de Netflix para viaxar sen saír da casa”.

Fonte dos iconos: Smashicons