Os propios turistas galegos son os aliados para evitar a estacionalidade do sector.
Este programa pioneiro chámase ” Eixe Galicia”, que promove o coñecemento de Galicia polos galegos. Ofrece estancias fóra de tempada alta axudando á descentralización e impulsando a actividade turística.

As estancias ofertadas serán en provincias distintas ás de orixe tanto neste ano como no 2021. O investimento será de 1,4 millóns de euros, o que supoñerá unha xeración de emprego en 70 ou 90 empresas.

Os desprazamentos serán subvencionados entre un 20-50% pola Xunta de Galicia dependendo do tipo dos mesmos e das persoas.

Os grupos diferenciados os que vai dirixido son:

  • Xubilados , desempregados >60 anos, viúvos>55 anos: terán prioridade en visitas a balnearios, roteiros costeiros ou excursións culturais.
  • < 30 anos: Terán facilidades para escapadas dde fin de semana.
  •  As familias con nenos menores.

 

As viaxes programadas dentro desta iniciativa serán despois de Semana Santa, ao finalizar o verán e en novembro.