Fonte: FIEP.es

O Círculo Formación organiza a Feira Internacional de Estudos de Posgrao ( FIEP) que terá lugar o próximo día luns 17 de febreiro. Nela participarán máis de 100 escolas de posgrao, tales como IE  Bussiness School,  ESIC, Centro de estudos  Garrigues,  CESIF, Universidade de  Nebrija, Universidade de  Deusto, entre outras, así como as tres universidades galegas.

Esta feira supón un punto de encontro entre recentemente titulados e mozos profesionais que queren realizar un máster e escolas ou universidades que están a buscar talento.
Os visitantes poderán gozar de bolsas que ofrecen os distintos centros, cuxo importe total ascende a 1,000.000€. Ademais, participarán no sorteo de 3 bolsas dun valor de 10.000€ cada unha ofrecida polo Círculo Formación.

 

Información xeral da FIEP:

  • Lugar: Hotel Monumento San Francisco
  • Día: Luns 17 de Febreiro 2020
  • Horario: 16:00 – 19:00pm

INSCRICIÓN

A inscrición gratuíta no  FIEP no seguinte link.

COMO CHEGAR
Para poder chegar ao lugar do evento: Hotel monumento San Francisco