A Feira Internacional de Turismo (Fitur) celebrou a súa 40 edición batendo o récord de asistentes nas xornadas profesionais de toda a súa historia ata acadar os 150.011 participantes de 140 países cunha porcentaxe de participación internacional dun 56%. Esta porcentaxe débese principalmente ao aumento da participación de Asia-Pacífico (+21,5%); África (+19,5%),Europa (+5,3) e América (+ 3,3 %), por tanto, a porcentaxe da participación nacional foi dun 44%.

Esta edición tamén foi importante para empresas como Adif, Hotusa Hotels, Renfe, Paradores, Meliá Hotels, Turespaña e a Revista Viajar que cumpriron xunto coa Feira 40 anos de participación ininterrompida dende a súa fundación.

Por otra banda, a Feira contou con importantes personalidades como os Reis de España, Don Felipe e Dona Letizia, o presidente do goberno Don Pedro Sánchez, así como de distintos ministros, gobernadores, embaixadores de todo o mundo e presidentes e conselleiros das comunidades autónomas.

Este ano cabe sinalar como novidade un amplo despregamento de Corea do Sur, coincidindo co 70 aniversario das relacións diplomáticas con España. O país empregou como slogan principal a frase “Imagine your Korea para promocionar a súa oferta turística.

Fonte da imaxe: elviajero.elpais.com

Ademáis disto, lanzouse a sección Fitur Talent e a plataforma de encontro profesional Meet Africa co obxectivo de favorecer o coñecemento da oferta turística deste continente e as alianzas comerciais.

Para rematar, a Feira contou cun amplo contido no que a sustentabilidade xogou un papel fundamental tendo en conta a propia evolución do sector turístico e os valores culturais e sociais relacionados con esta actividade. Grazas ao patrocinio de Bankia, o Observatorio Fiturnext ofreceu unha gran programación, servindo de altofalante ás iniciativas gañadoras do reto deste ano: de que maneira o turismo contribúe ao desenvolvemento das economías locais.

O director xeral de Ifema, Eduardo López-Puertas, conclúe que a Feira foi moi positiva e que Fitur converteuse nunha das citas internacionais máis importantes do turismo xa que o impacto económico desta feira na cidade de Madrid é de case 333 millóns de euros cun sector que pretende ser máis inclusivo e un gran xerador de empregos.

Fonte da imaxe: expasion.com

A 41ª edición de Fitur celebrarase do 20 ao 24 de xaneiro de 2021, en Ifema Feira de Madrid.