Nese mes, 8.600 persoas optaron por hospedarse, polo menos unha noite, nun aloxamento rural, unha cifra inferior aos viaxeiros que visitaron Galicia no mesmo período do ano anterior, concretamente 10.000. Isto supón, un 14,2% menos que en 2018.

Se o separamos en viaxeiros nacionais e estranxeiros os datos que obtemos son os seguintes:
-Se nos centramos en viaxeiros nacionais que visitou a comunidade autónoma de Galicia, o descenso é do 12,4%.

-Doutra banda a cifra de viaxeiros estranxeiros en 2018 foi de 1.400, mentres que en novembro de 2019 foi de 1.000,o que supón un descenso interanual dun 25%.
O descenso máis acusado foi nas pernoctacións, iste foi do 19,7% interanual. Por unha banda as pernoitas de turistas nacionais foron 12.000 mentres que no mesmo período do ano anterior fora de 14.000.
Doutra banda as pernoitas dos turistas estranxeiros sufreu un descenso dun 39,2%.
En canto ao número de días de estancia media dos turistas nos aloxamentos rurais é de 1,57.
O grao de ocupación dos aloxamentos rurais as fins de semana tivo un descenso case imperceptible, só un 0,8%.

Con estes datos a conclusión que sacamos é que as tendencias do turismo en Galicia son as mesmas que no resto de España , xa que os turistas que nos visitan prefiren en primeiro lugar as vivendas de familiares ou amigos (46%). A segunda residencia como destino vacacional é a elixida polo 15,2%, mentres que o 12,2% hospédase noutro tipo establecementos, como son turismo rural, os apartamentos turísticos e os cámpings, e o 2,2% en aloxamentos non regulados, como pisos ou habitacións ofertados por particulares á marxe da lei.