Antonio Rodríguez, alumno do Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas no curso académico 2017/18 viaxou o pasado mes de novembro a Londres para asistir á feira World Travel Market (WTM), premiado polo Máster por ter o mellor expediente académico do seu curso.

 

WORLD TRAVEL MARKET

A feira ten unha duración de 3 días e na actualidade xa se publicaron as datas para a vindeira edición, do 4 ao 6 de novembro de 2019. A WTM é unha cita obrigatoria para o sector turístico pois nela preséntanse varios destinos fronte a profesionais especializados en turismo de todo o mundo.

Unha oportunidade para facer networking e ofrecer vantaxes competitivas nos seus negocios.