A Xunta de Galicia lanza a campaña “Galicia volve” reactivando o turismo e destacando a comunidade galega como segura e entrañable
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participou hoxe na presentación da nova campaña de promoción turística “Galicia volve”, onde deu a benvida aos visitantes a unha Galicia resaltando que a comunidade os espera cos brazos abertos.
Na presentación, participaron ademais o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez e o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.
Desde o 21 xuño, Galicia prepárase para recibir turistas grazas á apertura do espazo Schenguen e a partir do 1 de xullo a comunidade recibirá aos veciños de Portugal. Tamén o 1 de xullo abrirá as súas portas a catedral de Santiago, volvendo ser o lugar de encontro espiritual de Europa e dos peregrinos que realizan o camiño de Santiago.
Galicia, despois de tres meses de confinamento, ofrece 986 praias, dous millóns de hectáreas de bosques, unha oferta termal incomparable e un patrimonio secular rico, diverso e accesible.
Feijóo destacou que “cada novo establecemento que reabre as súas portas é unha parte de Galicia que recobra vida e ilusión”, e valorou o esforzo e a implicación de todo o sector para facer, en colaboración coa Administración galega, que turismo e seguridade fosen da man.
O sector turístico representou no 2019 case o 10,5% do PIB galego e o 11% do emprego.
Pola súa banda, Cesáreo González Pardal asegurou que o sector está máis preparado que nunca para dar seguridade e tranquilidade, xa que Galicia conta con recursos impresionantes e recibirá a todo o mundo cos brazos abertos.
Fonte: Xunta de Galicia
[/et_pb_text][et_pb_text _builder_version=”4.3.2″]“Galicia volve” busca o regreso do turismo á comunidade, como un destino seguro, privilexiado e entrañable, onde calquera pode sentirse como na súa casa e ten acceso a unha cultura do auténtico.
Benedicta Sánchez, que gañou un premio Goya pola súa interpretación no filme O que arde dirixida por Oliver Laxe, é a imaxe desta iniciativa e representa ás persoas maiores, que foron os que máis padeceron nestes meses da pandemia do Covid- 19.
Fonte: La Voz de Galicia
A continuación, pódese visualizar a campaña nomeada a anteriormente:
Campaña “Galicia volve”
[/et_pb_text][et_pb_video src=”http://www.youtube.com/watch?v=qwNMX7nUPoQ” _builder_version=”4.3.2″][/et_pb_video][/et_pb_column][/et_pb_row][/et_pb_section]