Galicia volve ser o escenario dunha gran produción audiovisual coa estrea prevista para o ano que vén de 3 Camiños, a serie que se dará a coñecer internacionalmente en Amazon Prime Vídeo e que relata a vida de cinco amigos de diferentes nacionalidades unidos polo Camiño de Santiago. Esta película está impulsada pola empresa compostelá Ficción Producións.
Os protagonistas serán Álex González e Verónica Echegui, que contribuirán coa súa interpretación para difundir os valores deste famoso roteiro e a mostrar unha boa imaxe da nosa comunidade de fronte ao Xacobeo 2021.
Os espectadores poderán ser testemuñas do crecemento individual de cada un dos personaxes ( Jana, Luca, Roberto, Yoon Soo e Raquel) que vivirán na súa propia pel como o paso do tempo modifica os seus soños, facendo e desfacendo parellas sentimentais e amizades e transformando a súa personalidade no 2000, 2006 e 2021, os anos durante os que compartiron peregrinación.
Fonte: Quincemil