
Turislab, a aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia, lanza a súa segunda edición do programa de formación e mentorización.
Esta Aceleradora galega de startups é pioneira pois é a única especializada no sector turístico ofrecendo aos seleccionados instalacións propias en Santiago de Compostela, un completo programa, premios, espazos para a aprendizaxe e o networking.
Se contas cun proxecto ou idea innovadora vinculada ao sector turístico, podes unirte á aceleradora que desenvolverá estas sesións entre abril e decembro de 2022.
Para facelo, debes achegar un resumo executivo
Prazo de inscrición
Dende o 23 de febreiro ata o 22 de marzo de 2022.
Persoas destinatarias
Calquera emprendedora ou emprendedor e as startups de ata 2 anos de actividade previa á súa entrada na Aceleradora poderán presentar a súa candidatura a través do formulario habilitado na páxina web oficial.

Fases da convocatoria
O equipo de selección realizará unha avaliación dos proxectos ao longo do mes de marzo e escollerá 15 preseleccionados e os 5 reservas da Pre-Academia, ou Fase 1 da Aceleradora.
Ao longo dun mes ofrecerase aos preseleccionados un primeiro módulo formativo básico orientado á orientación da idea orixinal e á defensa do seu proxecto no DemoDay clasificatorio, no que só 10 proxectos superarán o corte e se converterán nos finalistas da segunda edición. Estes finalistas serán os que accedan ao programa completo de formación proposto (Academia ou Fase 2), que se desenvolverá entre abril e decembro, tempo durante o que traballarán co equipo de mentores e a rede de networking da Aceleradora, podendo optar ademais, aos premios finais desta segunda edición.
Como novidades desta nova convocatoria amplíase o período de actividade previa das startups candidatas ata os 2 anos e súmanse unha nova categoría, Turismo de Litoral
Finalmente, na edición inaugural celebrarase un Investor´s Day e un Demoday final (Fase 3) no que se avaliará a evolución e aceleración das iniciativas presentadas desde o seu acceso ao programa coa vista posta na saída aos mercados e na escalabilidade e internacionalización dos proxectos. Desta última fase sairán os proxectos gañadores.
Información detallada sobre o programa
Se cres que a túa idea marca a diferenza, anótate e opta a gañar un dos premios directos de ata 80.000€! Toda a información detallada na web de Turislab.