O máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas persegue un doble obxectivo:

1. Dotar ao alumnado das competencias máis relevantes, tanto dende unha perspectiva teórica como aplicada, da planificación e dirección do turismo urbano e da xestión de empresas no ámbito turístico, proporcionándolle unha visión global e integradora, seguindo os criterios de innovación, eficiencia e sustentabilidade.

2. Formar dun modo riguroso a expertos que orienten a súa carreira cara a investigación e o desenrolo do coñecemento no ámbito turístico.

Destinatarios

O máster está dirixido especialmente a:

 

  • Titulados ou graduados en Turismo.
  • Titulados ou graduados en Administración e Dirección de Empresas, Economía, Filoloxía, Xeografía, Socioloxía, Publicidade e RRPP ou outros.

Habilidades e competencias

A transcendencia económica e social do turismo en Galicia e no resto de España convirte a formación dos recursos humanos en materia turística nunha tarea ineludible para a Universidade de Santiago de Compostela

Este máster proporciona unha formación especializada aos estudantes que estén interesados en algún dos seguintes ámbitos de traballo:

 

  • Dirección de empresas e actividades turísticas.
  • Planificación e xestión de destinos turísticos en institucións públicas e privadas.
  • Planificación e xestión de proxectos de aproveitamento dos recursos turísticos.
  • Investigación de mercados turísticos e desenvolvemento no ámbito do turismo.
  • Formación e asesoramento no campo turístico.
  • Emprendemento de actividades turísticas.