VIII Edición dos Premios EDEN de Turismo Cultural

VIII Edición dos Premios EDEN de Turismo Cultural

Dende o día 15 de xuño ata o 15 de agosto ábrese o prazo de inscrición da oitava edición aos Premios “European Destinations of Excelence” 2017 (Destinos Europeos de Excelencia -EDEN) co-financiados pola Comisión Europea baixo o lema “Turismo Cultural”.

O fin deste proxecto é aportar iniciativas para atraer a atención sobre o valor e a diversidade dos destinos europeos e dar a coñecer aqueles destinos emerxentes nos que están desenvolvendo iniciativas de turismo sostible. Os destinos deben ofrecer experiencias turísticas auténticas e desenvolver unha xestión social, cultural e ambiental sostible.

A rede de destinos emexentes está constituída por 350 países. Cada país terá que elixir un destino gañador e ata catro finalistas.

A continuación o vídeo sobre os destinos europeos de turismo sostible.

Para ver as bases e máis información sobre os Premios clica AQUÍ.

VII Escola de arte e patrimonio en Santander

VII Escola de arte e patrimonio en Santander

Do 11 ao 14 de xullo desenvolverase o programa Economía da Cultura: museos e sitios patrimoniais.

A xornada terá lugar en Santander (Península da Magdalena) no marco da Escola de Arte e Patrimonio “Marcelino Sanz de Sautuola”.

 

O prazo de solicitude de beca estará aberto ata o 12 de xuño, polo que se desexas inscribirte debes apresurarte.

O curso contará coa participación de Fidel Martínez Roget, un dos docentes do Máster Oficial de Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da Universidade de Santiago de Compostela e que se encargará da sesión sobre Impacto Económico do Turismo: consideracións xerais e estudo de caso de Altamira“.

A continuación achégase o documento coa planificación da xornada:

 

40736Borrador.de_.programa.Escuela.de_.Arte_.y.Patrimonio.20171

AMPLIAR

Máis información clicando aquí.

Programas de prácticas e voluntariado AISEC in Galicia

Programas de prácticas e voluntariado AISEC in Galicia

AISEC é a asociación de xuventude internacional máis grande do mundo e actualmente reúne máis de 27.000 empresas do país de diferentes sectores de actividade.

Galicia, ten a sorte de dispoñer dunha delegación, concretamente en Santiago de Compostela.

Os programas que a asociación oferta son fundamentalmente 3, todos eles gratuítos:

  • Global entrepreneur
  • Global volunteer
  • Global talent

A continuación, no folleto informativo que segue, poderás ver en qué consisten e qué requisitos habería que cumprir para participar.

 

Información sobre os programas de prácticas

Para descargar o folleto clica neste enlace.

 

AIESEC tamén axuda ás empresas a traer xente de outros países a realizar prácticas.

As páginas para buscar proxectos internacionais son as seguintes:

  • Voluntariado: URL
  • Prácticas para xente sen experiencia: URL
  • Prácticas para xente con algo de experiencia: URL

E por último, a continuación podes ver o vídeo promocional de AIESEC:

DATOS DE CONTACTO | AISEC (Universidade de Santiago de Compostela)

Para máis información podedes visitar podedes preguntar a través do seguinte emailsantiago.compostela@aiesec.es

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais – Campus Santiago, 15700 (Santiago de Compostela)

Email: Global Volunteer: alejandra.casares@aiesec.net
Email: Global Talent/Entrepreneur: sabeletas@gmail.com

Webs e redes sociais AIESEC:

Talent Match Grupo Hotusa

Talent Match Grupo Hotusa

Achégase a final do Reto Hotusa.

Finalmente ningún dos grupos participantes no Talent Match da Universidade de Santiago de Compostela puideron conseguir obter o seu pase á final do evento Open Day nas instalacións Eurostars Hotels que se celebrará o vindeiro sábado 20 de maio.

Seguiremos animando aos estudantes a participar en próximos retos vinculados á súa formación.

 

Galeuropa 2017

Galeuropa 2017

A convocatoria de presentación de solicitudes para o programa de mobilidade xuvenil Galeuropa xa está aberto. O fin deste programa é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos rapaces e rapazas galegos a través da adquisición de experiencia no ámbito laboral en países europeos.

A continuación pode ver as táboas de contías e axudas:

TÁBOAS_CONTÍAS_AXUDAS

Para máis información visitar o seguinte enlace.

Página 2 de 1212345...10...Última »