Matrícula aberta! Ano académico 2018/19

Matrícula aberta! Ano académico 2018/19

Máster oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Xa está aberta a matrícula do posgrao oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da Universidade de Santiago de Compostela.

O proceso de matriculación debe levarse a cabo a través da Secretaría Virtual da USC especificando a titulación universitaria que che dá acceso á formación dende o 01/06/2018 ata o 14/09/2018.

As prazas están limitadas a 25 alumnos/as e asígnanse por orde estrita de matrícula.

OPCIÓNS DE ACCESO

      1. Se cursaches previamente unha titulación da USC, non será preciso que achegues documentación.
      2. Se non cursaches os teus estudos na USC, debes aportar a compulsa orixinal da titulación de acceso pola universidade de orixe.
      3. Se cursaches estudos no estranxeiro, debes solicitar a equivalencia do título no Servizo de Xestión Académica.

Por último, é imprescindible ter un nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas nun dos dous idiomas oficiais: galego ou castelán (máis información)

Ver web de información da USC

Concesión de bolsas de formación práctica da Axencia de Turismo de Galicia

Concesión de bolsas de formación práctica

da Axencia de Turismo de Galicia

A Axencia de Turismo de Galicia convoca 9 bolsas de formación práctica.

Unha das bolsas destinarase á formación práctica especializada na área de estudos e investigación (dirixida a calquera titulación) e as oito restantes á formación práctica especializada na promoción e información turística (dirixidas a titulacións de grao/posgrao relacionadas co turismo).

O prazo de solicitude das bolsas rematará o día 2 de marzo 2018.

A continuación podes ver as bases da convocatoria:

 

II Fórum do Camiño de Santiago Fairway 2017

II Fórum do Camiño de Santiago Fairway 2017

Durante esta semana celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia a segunda edición de Fairway, un fórum con feria e congreso sobre o Camiño de Santiago.

 

 

No evento déronse cita numerosos expositores e leváronse a cabo mesas de debate e poñencias así como contacontos, talleres de música e “workshops”, entre outras moitas actividades.

 

Vídeo promocional do evento

 

Esta feira profesional na que empresas e institucións amosan os seus recursos e servizos é o punto de encontro de profesionais e persoas interesadas no Camiño.

A acollida do evento foi moi boa como se pode apreciar a continuación no vídeo resumo desta edición 2017.

 

Vídeo resumo Fairway 2017

 

Fairway 3

Aquí temos o resumo do último día no #Fairway2017 . ¡Non podemos estar máis contentos coa boa acollida que tivemos! #SantiagodeCompostela #CamiñodeSantiago #Fairway

Publicada por Fairway en Miércoles, 15 de noviembre de 2017

Página 1 de 1212345...10...Última »