Foro da innovación no emprego, economía circular

Onde e cando?


Lugar: Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.

Data: O 11 e 12 de maio de 2017.

Obxectivos


O foro busca fomentar e promover o emprego mediante ferramentas e métodos que axuden ás persoas na procura de postos de traballo e mellora das súas cualificacións profesionais. Principalmente servirá como orientación e intermediación entre demandantes e empresas mediante accións de vinculación laboral directa e xestión de novas ofertas.

Programa 


As actividades estarán divididas en oito bloques enumerados a continuación:

  • B1: Ofertas de emprego.
  • B2: Formación.
  • B3: A túa marca.
  • B4: Puntos de orientación e asesoramento.
  • B5: Podes ser ti “Preséntate e convéncenos”.
  • B6: Presentacións de novas e innovadoras solucións para a busca de emprego.
  • B7: Concurso de “Ideas innovadoras para emprego na economía circular”.
  • B8: Xornadas “Os empregos emerxentes no entorno da economía circular”.

Para máis información sobre o programa clica  neste enlace.

Por outra banda, a Axencia Local de colocación de Santiago ofrece o servizo permanente de intermediación labora dun xeito público e gratuíto. No marco do Foro inclúese a xestión de ofertas de emprego. No marco do Foro da Intermediación e o Emprego 2017 prevese a xestión de 100 ofertas entre o 5 de abril e o 11 de maio.

No mesmo Palacio de Congresos levaranse a cabo varias entrevistas por parte das empresas participantes ás persoas candidatas previamente convocadas. No Foro tamén se abrirá o prazo para 2ª convocatoria do Concurso de Ideas innovadoras para o Emprego, que ofrece dous premios de 10.000 € para a implementación dos proxectos gañadores.

“Podes ser ti, preséntate e convéncenos”


Con esta actividade preténdese poñer en contacto a empresas con talentos. mediante unha presentación de valías e actitudes rápida, os/as partipantes terán cinco minutos para presentar a súa marca persoal, dos cales dous minutos serán para a presentación de vídeo curriculum ou infográfico e tres minutos para a presentación rápida en formato elevator pitch.

As persoas interesadas participarán en diferentes obradoiros (ver) de preparación nos días previos ao Foro, e contarán co asesoramento de persoal especializado en marca persoal, imaxe, oratoria e selección.

Máis información na web da Axencia de colocación e na web do Concello de Santiago de Compostela.