Taller e masterclass “Creatividade e innovación”

 

Queres emprender? 

O 12 de maio de 10:00h a 14:00h terá lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela o primeiro Aquae Talent Hub en Galicia.

Aquae Hub Talent Hub é unha plataforma que busca impulsar novas ideas.

As protagonistas desta cita serán Cecilia Tham, Directora de Makers Of Barcelona e Irene Lapuente, Fundadora de Mandarina de Newton que se encargarán de transmitir os seus coñecementos sobre innovación colectiva e sobre cómo combinar ciencia e tecnoloxía para xerar novos proxectos e ideas.

As prazas para o evento son limitadas polo que non perdas tempo en facer a túa incrición a través do seguinte enlace.

Os alumnos/as pertencentes ao Campus de Lugo que desexen asistir poden reservar praza nun autobús gratuíto que trasladará aos asistentes ao evento.

Para efectuar a reserva de praza no autobús debes enviar un correo electrónico ao enderezo orientacion.laboral.santiago@usc.es , e indicar o teu nome e apelidos e os estudos que estás cursando.

A continuación podedes ver un vídeo sobre a edición de AquaHub en Málaga:

Máis información en: