Xornada “Móvete”

Móvete é un programa organizado pola Área de Orientación Laboral da USC e que pretende achegar á mocidade prácticas internacionais e oportunidades de mobilidade e traballo.

A xornada Móvete celebrarase o xoves 27 de abril no Salón de graos da facultade de económicas de Santiago de Compostela (campus norte) de 9:30 h a 13:30 h e a matrícula xa está aberta.

xornada movete usc

Poderán inscribirse estudantes de últimos cursos, máster, investigadores e titulados recentes da USC.

Entre os obxectivos da xornada están:

  • Informar ao alumnado sobre os programas de prácticas Erasmus, Galeuropa e Eurodesk, entreo outros. A finalidade é conseguir que os mozos e mozas coñezan as esixencias do mercado laboral a escala internacional, adquiran aptitudes específicas e melloren a súa comprensión da diversidade  do contorno económico e social, ao mesmo tempo que desenvolven habilidades, adquiren competencias e  experiencia laboral.
  • Coñecer as características, condicións e proceso de execución dos diferentes programas a fin de que poidan prepararse para poder cumprir requisitos, seguir axeitadamente os procedementos e mellorar as posibilidades de consecución de praza no programa ao que queran optar.
  • Achegar información sobre o Servizo de Voluntariado Europeo (SVE).
  • Aprender a utilizar ferramentas de busca de emprego na Unión Europea como o portal europeo de mobilidade profesional (Red Eures) ou o currículum Europeo e Pasaporte de Linguas (Europass).

Pode ver o programa clicando AQUÍ.

A asistencia é gratuíta baixo inscrición previa.

A través dos seguintes links poderedes coñecer máis actividades programadas:

  • Campus de Santiago: web
  • Campus de Lugo: web
  • Área de Orientación Laboral: facebook