Xa está aberto o prazo de inscrición ao curso de innovación AKADEMIA YOU PROJECT,  organizado pola Fundación da Innovación Bankinter en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e Uninova.

Akademia You Project é unha aposta por unha formación diferente enfocada a desenvolver o pensamento creativo e a resolución de problemas con respostas innovadoras que acheguen valor. Este programa naceu hai xa 8 anos e os máis de 1.000 estudantes que o teñen cursado en distintas universidades españolas o avalan, cunha  taxa de recomendación do 94%.

A partir dun material único xerado no mellor Think Tank de Ciencia e Tecnoloxía de España, analizaranse as tendencias clave de innovación hoxe en día, da man de profesionais e emprendedores de primeiro nivel que forman o claustro do programa. A  aprendizaxe levarase a cabo dun xeito colaborativo da man de profesionais expertos, emprendedores e business angels e, ao finalizar, os alumnos poderán ter  acceso a prácticas nacionais e internacionais.

  • Estrutura do curso: 30 horas acreditadas cun diploma final.
  • A quen vai dirixido?: A alumnos de grao e postgrao dispostos a asumir o reto.
  • Prazas limitadas: 30 persoas.
  • Cota de inscrición: 50 euros.

Para formalizar a inscrición é preciso enviar  CV e carta de motivación a youakademiausc@gmail.com antes do 9 de outubro de 2016.

Para ampliar información, organizamos unha  presentación deste curso o día 4 outubro 2016 ás 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade de  Farmacia (Campus Vida).

Máis info en:

www.fundacionbankinter.org/akademia

www.uninova.org

Tel. 881  815 596

rosamaria.sanchez@usc.es