Bolsas do Instituto de Turismo de España

para prácticas profesionais

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo aprobou as bases reguladoras do programa de bolsas do Instituto de Turismo de España que se publicaron no Boletín Oficial do Estado o 23 de agosto de 2018.

DESCRICIÓN DAS BOLSAS

O programa consistirá en actividades ou prácticas formativas nas Consellerías de Turismo no extranxeiro e, cando así se estableza na convocatoria, en prácticas no servizos centrais do Instituto de Turismo de España e na Secretaría de Estado de Turismo, sen que en ningún caso se poida exercer polos becarios funcións propias do persoal funcionario ou laboral.

DESTINATARIOS
Titulados universitarios de Grao, Licenciatura, Máster, Arquitectura, Enxeñería, Técnico ou Diplomatura en en Empresas e Actividades Turísticas, Diplomados en Ciencias Económicas, Empresariais, Socioloxía, Xestión e Administración Púpara á obtención do correspondente título nun periodo de tempo comprendido entre os seis anos anteriores á convocatoria das bolsas antes finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os solicitantes extranxeiros terán que presentar as titulacións equivalentes esixidas aos españois.

Ademáis os destinatarios terán que cumprir todos o os puntos do Artigo 3 das bases do programa.
PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes oscilará entre quince días e un mes a partir do día seguinte á data de publicación no Boletín Oficial do Estado da correspondente resolución da convocatoria. Este prazo fixarase en cada convocatoria.

Máis información sobre o programa:

https://www.boe.es/boe/dias/2018/08/23/pdfs/BOE-A-2018-11809.pdf