Bolsas de colaboración en departamentos universitarios 2018/19

Convocatoria de Bolsas de colaboración de estudantes en departamentos universitarios para o vindeiro curso académico 2018/2019.

DESTINATARIOS

Estas bolsas están dirixidas a alumnado do último curso de estudos de grao e de primeiro curso de Máster universitario oficial.

PRAZO

Ata o 18 de setembro inclusive.

OBRIGADOS DOS BOLSEIROS

  • Acreditar o cumprimento dos requisitos e condicións para a concesión desta axuda.
  • Someterse ás actuacións de comprobación precisas de ser o caso.
    Seguir, durante 2018/2019, por ensino oficial, os estudos dos que se atopen matriculados/as.
  • Presentar un proxecto de colaboración desenvolvendo algunha das liñas de investigación en curso
    no departamento para o que solicita. O proxecto describirá de forma expresa as tarefas que se
    realizarán e o impacto formativo complementario que terá nalgunha das competencias asociadas
    ás materias troncais ou obrigatorias da titulación que cursa. Estará avaliado polo grupo
    investigador receptor ou o departamento onde o desenvolva.
  • Prestar a colaboración de 3 horas diarias durante oito meses dende a data de incorporación, no
  • Departamento segundo o réxime de traballo e horario previsto no proxecto de colaboración.
  • Presentar no mes seguinte ao da finalización da colaboración a certificación acreditativa do
    departamento de prestar a súa colaboración nos termos previstos na convocatoria.

DOTACIÓN DA BOLSA
A contía da axuda será de 2.000 € e sen dereito á gratuidade dos prezos públicos por servizos académicos.

Máis información:

http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/perfis/estudantes/descargas/curso1819/Resumen-informativo-bolsas-colaboracion-2018-2019.pdf