VIII Edición dos Premios EDEN de Turismo Cultural

Dende o día 15 de xuño ata o 15 de agosto ábrese o prazo de inscrición da oitava edición aos Premios “European Destinations of Excelence” 2017 (Destinos Europeos de Excelencia -EDEN) co-financiados pola Comisión Europea baixo o lema “Turismo Cultural”.

O fin deste proxecto é aportar iniciativas para atraer a atención sobre o valor e a diversidade dos destinos europeos e dar a coñecer aqueles destinos emerxentes nos que están desenvolvendo iniciativas de turismo sostible. Os destinos deben ofrecer experiencias turísticas auténticas e desenvolver unha xestión social, cultural e ambiental sostible.

A rede de destinos emexentes está constituída por 350 países. Cada país terá que elixir un destino gañador e ata catro finalistas.

A continuación o vídeo sobre os destinos europeos de turismo sostible.

Para ver as bases e máis información sobre os Premios clica AQUÍ.